
Rematou o ciclo dedicado ao autor cunha ofrenda e a apertura dunha mostra
26 abr 2025 . Actualizado a las 19:49 h.Como unha figura que marca a identidade cultural da Pobra definiu a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, ao escritor Victoriano García Martí nos actos que puxeron fin ao cuarto ciclo dedicado ao autor. A concelleira manifestou que foi un home adiantado ao seu tempo e un gran defensor da igualdade. Puso de manifesto a intención do Concello de continuar divulgando a súa obra e poñéndoa en valor. Asegurou que «é un dos grandes fillos da nosa vila».
O remate do ciclo tivo como elementos un pasarrúas a cargo do grupo Os Caraveiros e unha ofrenda no seu busto na plaza que leva o seu nome. Xunto a Patricia Lojo estaba o rexedor, Xosé Carlos Vidal, portando a coroa. Na súa intervención asegurou que «o noso escritor por antonomasia, sen dúbida, é García Martí. Indicou que foi na Pobra onde sufreu e amou, onde tiña a súa familia e aos seus amigos. O mandatario amosou o seu pesar por considera que é un escritor esquecido e descoñecido. Como razóns desto indicou que pode deberse ao feito de que escribiu en castelán e cultivou un xénero que algúns consideran menor: o ensaio.
Tras a ofrenda inaugurouse a mostra A vila que inspirou a novela Don Severo Carballo. Del alma gallega, de García Martí.