Muros sempre sorprende

Ciprián Rivas VELAÍ

MUROS

<span lang= gl >Á beira do altar, á esquerda, un relicario garda as reliquias de varios santos, entre elas as de San Marcos, evanxelista</span>
Á beira do altar, á esquerda, un relicario garda as reliquias de varios santos, entre elas as de San Marcos, evanxelista Ciprián Rivas

22 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Apousentados o redor do cruceiro mirando cara á colexiata de Santa María do Campo (século XIII), situado no centro do adro, actual parroquia de San Pedro (1851), un grupo de catro parellas escoitaba atenta a disertación sobre a diferenza entre colexiata e igrexa. A primeira —dicía— é un lugar onde a celebración do culto se realiza como nas catedrais, inda que non sexa sé de bispo ou arcebispo. Esta dignidade outorgóullela o Papa Alexandre VI no ano 1500.

Oito falando inglés, entre eles dous asiáticos, pasmándose da beleza do lugar e da historia da vila, experimentada na acollida de peregrinos, seguindo a pegada de aqueles que no século XIV fondeaban nesta baía, antes de navegar ata Outes e Noia para seguir a pe ata Compostela.

A colexiata é testemuña muda de asaltos de piratas e corsarios, de invasións napoleónicas documentadas (1809), do acollemento que se lle fixo ao ilustrado Gaspar Melchor de Jovellanos (1810) cando o bergantín no que navegaba viuse na obriga de fondear na vila por mor do mal tempo. Alí pasaron algúns meses e alí celebran «una solemne acción de gracias al Altísimo por nuestro salvamento en la colegiata de esta villa».

Na entrada ao templo, exemplo de gótico mariñeiro, hai unha pía de auga bendita onde se debuxou unha serpe enroscada, símbolo do pecado dominado pola auga.

Á beira do altar, na parte da esquerda, un relicario garda os restos de varios santos, entre elas, os de San Marcos, evanxelista. Os fieis axeónllanse habitualmente diante do magnífico retablo, quizais, agardando un milagre.

Muros sempre sorprende.