O Avilés de Taramancos pon en xogo 3.000 euros

La Voz

NOIA

MARCOS CREO

O prazo para presentar os traballos a esta nova convocatoria remata o 15 de setembro

26 may 2022 . Actualizado a las 19:51 h.

A edición número 21 do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos está xa en marcha ao abrirse o prazo para a presentación dos traballos. En xogo hai un premio de 3.000 euros para un único gañador, xunto con unha escultura conmemorativa realizada polo artista noiés Alfonso Costa e a publicación da obra por Toxosoutos.

O prazo para presentar os relatos, que deberán ser en galego, de temática libre pero encadrados no xénero de aventuras e inéditos, remata o 15 de setembro. Os traballos deben ser enviados por correo por cuadriplicado ao Concello de Noia.

Un xurado experto valorará as obras presentadas e dará a coñecer a súa decisión no mes de decembro.