Noia, unha exposición e un misterio

Juan López Oviedo NOIA / BUZÓN DEL LECTOR

NOIA

MARCOS CREO

29 dic 2022 . Actualizado a las 18:51 h.

O pasado día 16, Xosé Luis Axeitos Moreno concertounos o seu arredor para una exposición de acuarelas , para darlle saída a ese espíritu creativo que continua xa xubilado, e o lugar non podía ser mais axeitado, outra mostra artística o edificio deseñado e construído por Pepe Dagulla no ano 1920 para a Sociedade Casino de Noia por encargo de don Ramón Mariño, outro noiés imaxinativo.

Os cantos de habaneras dos amigos do Moreno, foron quen de pórlle voz a súa mostra, que se algo faltaba era ese, pois luz e color de Noia e dos seus arredores xa eran ben postos en escena polo pincel do artista.

E por si este fora pouco, foi mais que agradable atoparnos con todos os noieses e con xente de toda a redonda, Son, Outes, Santiago... e amosarlles con orgullo o Edificio, a súa historia, xa que Casino, Liceo, as festas patronais, os touros... A xente de Noia, levaron a esta Vila a un lugar senlleiro de toda Galicia e de zonas mais alá da nosa terra.

Logo cando nos preguntaban a qué se adicaba, na actualidade, tan singular edificio, ficamos calados e mirándonos un aos outros e alguén dixo: «non o sabemos, é un verdadeiro misterio». Oficina de turismo no verán, algunha vez exposicións como esta, outra a presentación dun libro, algunha que outra vez clases de pilates, na planta baixa vense arrombadas unhas bicicletas… Calamos e o amigo de Santiago nos dí: «E tendo a Felipe de Castro ahí en fronte, o Escultor Ferreiro, a toda clase de artistas, non pensou en adicarse a iso?» Respondemos que sabemos da importante historia de Noia en artistas, navegantes, construtores de barcos, académicos, escritores, profesores, berberechos, empanadas… Sabemos de iso, pero o que non sabemos e quen toma esas decisións, pois somos moitos os que a diario nos preguntamos. Quen goberna Noia, descoñecemos pese a residir na Vila. Quen patronea este barco que fai auga. Sabemos do Museo de Laudas Gremiais mais singular de Europa, sen guía permanente, un Museo do Mar, mais pechado que aberto, o Casino restaurado no ano 2019, mais pechado que aberto… En fin, ninguén sabe moito do asunto, polo que volvemos a rutina de falar do día a día, e afortunadamente deixamos de falar de tanto misterio, pois Moreno convócanos a que tomemos un viño.