Rafa Vilar gaña a última edición do concurso de relatos curtos do Liceo de Noia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

Rafa Vilar é filólogo e escritor
Rafa Vilar é filólogo e escritor PACO RODRÍGUEZ

No certame participaron medio centenar de traballos

16 may 2024 . Actualizado a las 15:27 h.

O filólogo e escritor ceense Rafa Vilar acaba de converterse no gañador da edición número 18 do concurso de relatos curtos impulsado pola Sociedade Liceo de Noia. Nesta ocasión se recibiron medio centenar de traballos procedentes tanto de distintos concellos de Galicia, como do resto de España e incluso doutros países como a República Checa.

A penúltima estación é o título do relato gañador deste ano, e foi elixido por unanimidade polos membros que compoñen o xurado do certame literario noiés, que está integrado por Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal e Antón Riveiro Coello. Como se recolle nas bases do concurso, este traballo será publicado no seguinte número da revista Alameda que saca a rúa semestralmente a Sociedade Liceo de Noia.

 Rafa Vilar, que concorreu ao certame co pseudónimo Clara Z., é un escritor que atesoura unha longa traxectoria no ámbito das letras, que forma parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e está moi vinculado ao asociacionismo cultural de base. Foi un dos promotores do Batallón Literario Costa da Morte e da colección de poesía Letras de cal, e xa ten publicados varios traballos de diferentes temáticas como A sotavento dunha singratura, Casa ou sombra, Os lugares da memoria ou O libros dos outros oficios.