











No auditorio vense de inaugurar unha exposición das estampas que ilustrarán a reedición de «Escolanía de merlos»
23 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Aproveitando a celebración dos Actos Castelao, o Concello de Rianxo tamén lle está a render homenaxe a Faustino Rey Romero, pois o ano pasado cumpríase un século do seu nacemento e 50 anos do pasamento. Unha das actividades programadas consistía en reeditar unha das súas obras principais, Escolanía de melros. Aínda que o volume resultante, para o que se tomou como punto de partida un orixinal de 1959, será dado a coñecer o vindeiro sábado, na noite do venres inaugurouse no auditorio municipal unha exposición dos gravados que ilustrarán o libro.
Trátase dunha serie de 20 estampas, que acompañarán a outros tantos sonetos do crego de Isorna, que foron realizadas polos asistentes ao primeiro obradoiro de gravado que o museo de Artes impartiu na vila mariñeira. Das clases encargouse José Fernández Míguez, que contou coa colaboración de Camilo Seira. Ademais, no paseo da Ribeira montouse unha exposición sobre Carvalho Calero.