Maruxa Miguéns e Xosé Romero serán nomeados fillos predilectos de Rianxo

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

Imaxe de arquivo de Xosé Romero e Maruxa Miguéns
Imaxe de arquivo de Xosé Romero e Maruxa Miguéns CARMELA QUEIJEIRO

A corporación aprobou por unanimidade a proposta

01 mar 2024 . Actualizado a las 18:30 h.

A corporación de Rianxo acordou, nun pleno celebrado a noite do xoves e a raíz dunha iniciativa defendida polo voceiro do BNG, Xusto Ordóñez, nomear fillos predilectos a Xosé Romero (a título póstumo) e a Maruxa Miguéns, gaiteiros e fundadores de Os Rosales, pola súa contribución cultural, por espallar o nome de Rianxo e por favorecer o nacemento doutras entidades.

O voceiro nacionalista leu un texto da asociación de gaiteiros no que se fundamentan as razóns polas cales ambas persoas merecen un recoñecemento público.

A cuestión foi apoiada pola totalidade das formacións, que destacaron o labor de Xosé Romero e Maruxa Miguéns.

Na sesión tamén se dou vía libre á concesión de catro licenzas de taxi. O rexedor, Julián Bustelo, solicitou o apoio dos grupos para que a concesión dos permisos poida facela a comisión de goberno e axilizar así os trámites. Unicamente o PP votou en contra de que non vaian a pleno.