Rianxo non esquece aos seus mortos no mar

La Voz

RIANXO

Carmela Queijeiro

O parque de Galicia deu cabida á homenaxe de cada primeiro de maio

01 may 2025 . Actualizado a las 18:35 h.

Hai anos que Rianxo elixiu o 1 de maio para lembrar ás xentes do mar, en particular aos que perderon a vida buscando o sustento a bordo dun barco. Onte volvéuselles rende homenaxe cunha ofrenda floral diante no monumento no que están gravados os nomes dos rianxeiros que morreron en naufraxios.

Nun sinxelo acto, a coral Abraira interpretou a Salve marinera e o himno galego. «Somos un pobo de homes e mulleres traballadoras ao que o mar de lle deu moito, mais tamén coñecemos os seus perigos», lembraron dende o Concello.