O Concello de Rianxo pon en marcha unha nova liña de axudas destinada ás ANPA

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

Imaxe da última reunión da xunta de goberno local.
Imaxe da última reunión da xunta de goberno local. CONCELLO DE RIANXO

O programa de subvencións conta cun orzamento de 10.000 euros

17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Rianxo vén de anunciar a creación dunha nova liña de axudas destinada ás asociacións de pais e nais dos centros educativos do municipio. A xunta de goberno local deulle o visto bo ás bases da convocatoria e unha vez que se publiquen no Boletín Oficial da Provincia poderán formularse as solicitudes.

Esta vía de financiamento está destinada a apoiar economicamente as actividades formativas e de conciliación desenvolvidas ou promovidas polas ANPA dos recintos escolares rianxeiros. O programa de subvencións conta cun orzamento total de 10.000 euros e ten como finalidade colaborar nos gastos derivados das iniciativas das asociacións. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

Os detalles sobre que tipo de actividades terán cabida dentro desta liña de subvencións e os prazos de solicitude, así como os criterios de valoración, publicaranse coas bases da convocatoria.