Kenpo de ouro e prata

Ciprián Rivas VELAÍ

RIBEIRA

Marta Teira, segunda por la izquierda, recogiendo su premio
Marta Teira, segunda por la izquierda, recogiendo su premio

Ser campión do mundo nestas disciplinas significa a excelencia nesta arte marcial

30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A continuidade do traballo diario ó que se deben someter os deportistas de elite actúa, nalgúns casos, como unha eiva para exercer actividade física que dirixa a competición. Se, esa actividade é unha disciplina marcial require de moita motivación persoal. Por iso, cando alguén dos nosos conquista un podio nunha competición mundial invádenos unha gran satisfacción. Eles representan ó país e ó pobo onde naceron.

O kenpo botou a andar fai 50 anos en Ribeira, da man de Juan Hombre, traballo continuado por Cardalda, formando un alumnado que hoxe dirixen os seus ximnasios, adestrando campións, caso de Kenpo Pobra e Kenpo Barbanza (Ribeira). Este fin de semana, en Caldas da Rainha celebrouse o campionato mundial, no que España quedou campioa en kenpo tradicional de menores de 18 anos, primeiros na mesma modalidade en sénior, subcampións en fighting sénior, subcampións en adaptado e subcampións na categoría xeral, tal como informa o departamento nacional da Real Federación de Karate e Disciplinas Asociadas.

Raquel Martínez López, Andrés Dávila Boo, Juan Ramón Millares, Mireya Martínez Olveira, Miguel Pérez Paz, de Kenpo Pobra, acadaron sete medallas de ouro, catro de prata e tres de bronce. Iván Parada, adestrador de Kenpo Barbanza, fíxose con dous ouros en kobudo e semikenpo. Marta Teira, de 16 anos, natural de Aguiño, acadou o ouro en semikempo e a prata en kobudo e submisión.

Ser campión do mundo nestas disciplinas significa a excelencia nesta arte marcial, pero tamén unha grande responsabilidade para os atletas e un orgullo para todos nós.