As Sete Linguas, Bailadela e Pan Sen Fron actuarán no Festival Son?s de Aguiño

M. X. B.

RIBEIRA

cedida

As actuacións terán lugar o vindeiro día 21 

13 jun 2025 . Actualizado a las 14:07 h.

A localidade ribeirense de Aguiño dará cabida, o vindeiro sábado, a unha nova edición, a oitava, do Festival Son’s, unha iniciativa organizado pola asociación Francisco Lorenzo Mariño. O vicepresidente desta entidade, Unai González, anunciou que a cita volverá a contar, como non podía ser de outro xeito, co grupo anfitrión, As Sete Linguas. Esta formación realizará unha actuación conxunta con Bailadela da man de Manola Valiño, mestra das dúas formacións, que xa se teñen xuntado en outras ocasións anteriores.

No acto de presentación do festival, Unai González anunciou tamén que para esta edición foi convidado Pan Sen Fron, un grupo da Coruña que está dirixido por Xurxo Fernandes. Despois da actuación desta formación haberá unha foliada á que poderán sumarse todas as persoas que o desexen.

Tanto o vicepresidente da asociación Francisco Lorenzo Mariño como a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, que o acompañou na presentación de Son’s de Aguiño, destacaron a importancia desta cita para a divulgación do folclore tradicional e como escaparate para as agrupacións que traballan neste eido.

O festival terá lugar, como ven sendo habitual, no conservatorio de Aguiño e comezará ás 21.00 horas. A entrada será gratuíta.