ROBERTO TRABA VELAY CRÓNICAS DE FINISTERRA
19 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Inevitablemente esta semana non me queda máis remedio que escribir sobre o sorprendente, inesperado, sanguinario, vengativo e despiadado pero tristemente eficaz atentado terrorista ou ataque bélico contra as torres xemelgas que ata fai catro días dominaban os ceos do mundo enteiro dende a gran maza de formigón neiorquina. Claro que tamén podería facelo sobre o meteorito de dez toneladas que o domingo pasado chocou contra o ceo de Galicia, do que se caeron anacos de ata medio kilo, pero hoxe non interesa, como tampouco parece interesar os últimos resultados futbolísticos anque os equipos punteiros non andiveran moi finos na derradeira xornada polo que os adictos ó asunto balompédico, que son moitos, tiveron oportunidade de intercambiar a súa retranca vacilona con tanta derrota e tanto empate. Pero non, estos días eso non interesa, e polo tanto, como é lóxico e natural, non escribirei nin de meteoritos, nin de fútbol, senón, por suposto, sobre a caída do World Trade Center, ou millor sobre o que se conta, se comenta e se dí por estas terras finistérricas ante, ó parecer, máis grave atentado terrorista ou bélico habido na historia da humanidade, incluida Nagassaki, cando a segunda bomba. Frivolizar Dende logo, e ó igual que tódolos salvaxes e inhumanos actos violentos que aconteceron en pobos e cidades dos continentes e en tódalas épocas, non é un tema sobre o que se deba frivolizar, pero as veces, oíndo ou escoitando o que se conta, comenta e dí por estas terras tan alonxadas do centro do comercio mundial, un non sabe si levarse as mans a cabeza ou, con perdón, botarse a rir a gargalladas cas barbaridades que sin pensar soltan ou soltamos uns e outros como quen fala xa digo de fútbol ou meteoritos. A un mesmo lle escoitei dicir que tiña que bombardear Afganistán e tódolos países cantos por alí ou por alá hai, incluidos nenos pequenos porque de grandes poden acabar con nós. A outros, que os americanos tiñan a culpa de tódolos males cantos ten o mundo, dende o problema pesqueiro hispano-marroquí ata o conflicto matrimonial do veciño do lado, polo que deberíanlle destruir ata a estatua da libertade, a Casa Blanca e o estadio dos Lakers. Está claro que tomamos partido sin sopesar moito as razóns que nos fan afirmar estas cousas da mesma maneira que os inclinan a tomar partido por un ou outro bando como se se tratara dun ou outro equipo. E xa non digo nada dos chistes que estamos escomenzado a contar. Esa é outra. As veces penso que nestas terras filibustérricas e nas de moitos outros lugares do mundo tamén estamos chegando ó punto de creernos que todos estes terribles acontecementos non son máis que grandes espectáculos televisivos que nos están volvendo tan insensibles que único que agora esperamos é cando se producirá o ataque. De eso estamos todos seguros.