Matar ao mensaxeiro

La Voz

CARBALLO

O TRABALLO de xornalista é o enlace que ten a cidadanía con ese mundo alonxado e case esotérico que son as institucións e as forzas sociais en xeral. Unha especie de mensaxeiro que conecta ao lector coa súa realidade máis próxima, a través dese concepto tan discutido que é a información. Non hai moito líalle a Arturo Pérez-Reverte que as tres peores profesións do mundo comezan por p: periodistas, policías e esa que din que é a máis antiga do mundo.