«Este libro é un poemario existencial»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Alexandre Nerium Editado por Espiral Maior, o prólogo é do académico Fernández Rei

24 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? poeta fisterrán Alexandre Nerium terá o seu primeiro poemario na rúa esta mesma semana. Titulado Vogar de couse, está editado por Espiral Maior. -Antes, cando os mariñeiros ían remar, a vogar, traballaban catro remeiros na lancha. O primeiro, de proa. O segundo, de carto; o terceiro, de medio, e o cuarto, o que marcaba o rumbo como un timonel, vogaba de couse. De aí vén. -É unha expresión xa perdida. -Acórdanse os máis vellos. Nas Rías Baixas, couse é estribor, e arca, babor. En galego, de couce e a parte final. Non sei exactamente de ónde vén. -É o seu primeiro libro de poemas. ¿Que significa para vostede? -É o primeiro libro, pero teño xa moitas escolmas e pequenas publicacións de menos de cen versos en premios que gañei. En canto ó significado, este libro é un poemario existencial. -¿Como se estructura? -En cinco seccións ou libros. O primeiro, a infancia, e fago un símil coa primaveira. O segundo, o verán-adolescencia. Os outros reflexan a madurez da persoa nun longo outono-inverno, sobre todo inverno. Ademais, ó principio de cada libro hai un quinteto, no que fago referencia a poetas galegos. Son Manuel María, Xohana Torres, Bernardino Graña, Méndez Ferrín e Uxío Novoneyra. -¿É autobiográfico? -Ten cousas, pero tamén as ten de outros e sobre o que han de vivir outros. -O académico e catedrático de filoloxía Fernández Rei é quen llo prologa. -Si, unha honra, faime unha descripción exacta do que se vai a ler a continuación. Estoulle moi agradecido, xa de antes, como o día no que entrou na real Academia Galega e fixo referencia a Cabanillas, Manuel Antonio e o libro De mar e vento , no que colaborei. -¿Ten algún acto literario próximo? -O 19 de Nadal, no Concello lucense de Paradanta, recollerei o premio Manuel Orestes Rodríguez López, que gañei este ano.