A Copa

ANTONIO DÍAZ AMOR

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

23 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI POUCOS días o meu alumnado de Baio tiña que facer un catálogo de materiais que pertencesen especificamente á cultura da Costa da Morte; pouco a pouco foron propoñendo exemplos que definen moi ben a nosa bisbarra: o encaixe, os cacharros de Buño, o liño, o dolmen de Dombate ou o faro de Fisterra, entre outros. A sorpresa pilloume cando un de eles propuxo a Copa da Costa como un material xenuíno e foi aceptado por unanimidade por toda a clase. O que categoriza a un material cultural é que pertenza a unha cultura determinada e que estea cargado de certo valor simbólico que a maioría das veces só pode ser comprendido dentro da mesma. E a verdade é que para entender o significado desta competición e do trofeo que leva o equipo gañador hai que estar moi empapado da idiosincrasia futbolística destas terras. ¿Como lle pode entrar na cachola a un forasteiro que os equipos prefiran gañar este torneo que quedar campións de liga? ¿como aceptar que algún club reserve aos xogadores para a copa estando ao borde do descenso de categoría? A copa é o obxecto material mais desexado; so fai falla ir a partires de hoxe a algún partido e ver as paixóns que levanta entre os siareiros. Que gañe... o mellor.