Andrés

QUICO BALAY

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

30 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI BARES que non só serven copas. O Silfo é un deles. Espacios que non deberían pechar nunca: son cultura. O recoñecemento vai máis alá do cartel Benvidos a Carballo, capital de Bergantiños. Polo Silfo pasou o artisteo do mondo toxo e non solo (o outro día entraron a saudar os Clovis: Fino Enemigo e señora), aínda que ás veces, unha noite calquera, os habituais cóntanse cos dedos dos pes e das mans. O sinxelo, o que da o carto, non está ahí: maior mérito para Antón. Agora, Kiko axuda a dinamizar a noite dende La Reserva, probablemente o mellor bar da vila, sen esquecer xamáis a clásicos como o Silfo ou o Esquema, ou a algúns máis novos como O Patacón. Fica na memoria un dos locais máis interesantes que teñen existido por aquí e polo que podería sentir envexa calquer circuito de copas europeo, e non estou de coña: o Caimán e a pegada sonora de Deus. Todo isto para falar de Andrés do Barro, ese ferruxinoso obxeto de revival. O tren que nos leva a él puidose coller precisamente no bar de Antón, pero por todo o país anda a rapazada, digamos, moderna organizando homenaxes. Outros menos novos, tamén. Os seus principais valedores serían a xente de Saudade de ti, os da VA-CA, iconos virtuais como María Yañez, o Regueifeiro (que no seu blog reivindica a Xurxo Borrazás), Os dous de sempre, iniciativas como a UPG (non, non son os da U, senón a Ultranoite Pop Galega, na Nasa), músicos como Bocija ou Safari Orchestra, a filla do ferrolán, Andrea Lapique, e demáis familia (Xavier Alcalá, Nonito Pereira, Anxo Fernández e Xurxo Souto), Aduaneiros Sem Fronteiras e ata o Quin. «O famoso tren [de alta velocidade] vai camiño de convertirse no de Andrés Dobarro, e uns por outros, a casa por barrer». Palabra de alaricán.