Mensualidade

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

16 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

FALABAMOS HAI uns días dos traxes dos políticos e da necesidade ou non de cambiar de xastre cando un chega a un cargo público. Onte houbo varias reunións en Carballo ás que viñeron algúns representantes da Administración e unha compañeira estrañouse moito ao ver as fotografías dos actos, sobre todo polos peiteados e polos vestidos dalgún posto directivo de certa relevancia. Segundo ela, unha autoridade provincial que representa a moita xente debería pasar pola perruquería de vez en cando. Eu non son quen para escribir aquí que unha delegada provincial debe ir ou non á perruquería, anque tamén hai que dicir que quen ocupa un posto así debe ir vestido axeitadamente e tampouco quero afirmar que a delegada en cuestión fose mal ou ben adobiada. Agora ben, como Corina Porro aínda non veu ningunha por estas terras, porque a ex conselleira de Familia mesmo parecía que saída da pasarela Pontus Veteris, polo menos. E non só das mulleres. A algúns técnicos tamén lle caeron críticas por vir ao encontro coa camisa por fóra dos pantalóns. Alguén que estaba presente nese momento comentou con sorna: «¿E como van vir doutro xeito? Non ves que aínda non cobraron a primeira mensualidade».