ARA SOLIS | O |
01 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.REMATOU O Festival Internacional Outono de Teatro. É unha pena, porque non todas as fins de semana hai una razón de tanto peso para saír da casa. A ver se coa música. E non só polas representacións no Pazo da Cultura, senón tamén pola Rúa dos Contos, o certame de monólogos ou o Teatro Lido. En canto ao programa si, un ten pena por non ter visto Medea , unha adaptación dun clásico grego do que tan ben se falou, pero vistos os outros, a excepción, claro está do Bruxo, por razóns de peche da edición, da moito que escribir. Interesou Tartufo . Sempre atrae o inxenio de Molière para darlle reviravoltas ás situacións. Apenas un se lembra xa dos disparates de H, anque me teña rido in situ, e quedan presentes algúns dos sketchs de Monty Python's, pero tampouco deixan moito pouso que digamos. Do enredo moi actual de Mírame, hai que destacar a axilidade na escena e a versatilidade da montaxe. Sí estivo ben, pero tampouco é que escachase e o que si destacaban eran os michelíns dun dos actores e máis a celulite dunha das atrices. A maldade do espectador sempre acaba relucindo por algures. E, imos ver, moi a pesar de José María de la Viña, se lle saca partido ao Tío Vania . Que lle imos facer. Así é o teatro. Para gustos se pintan cores. No tocante á maxia de Immo , hai que dicir que se pasou moi entretido e que se disfrutou coas súas peripecias sobre o escenario, anque, todo hai de decilo, este espectáculo lembra moito aos que poñen nas travesías dos trasatlánticos. Visto o visto, hai que deixar claro que o mérito dos organizadores do FIOT é moi grande, porque é moi difícil organizar uns espectáculos tan bos para tantos días. Ao marxe que a un lle gusten máis o menos, o certo é que vale a pena asistir a todas as sesións. Hai un gran esforzo detrás que o público e a sociedade carballesa debe aplaudir.