O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, e o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, explicaron o xoves os novos procedementos que se están levar dende a administración para que as empresas poidan acadar as metas propostas no protocolo de Kioto, así como as medidas adoptadas pola consellería para combater o cambio climático. A xornada informativa contou coa presenza das 65 empresas afectadas polo protocolo. As máis afectadas polo acordo internacional son a central de Meirama e Sogama. Las compañías recibiron información sobre o novo Plan Nacional de Asignacións por 2007-2012 por parte do director da Oficina Española do Cambio Climático. A xornada serviu tamén para expor aos representantes das empresas galegas os novos aspectos do comercio de dereitos de emisións de gases efecto invernadoiro e as medidas da administración autonómica sobre esta área. A iniciativa enmárcase dentro das accións incluídas no Plan Galego de Acción Contra o Cambio Climático posto en marcha pola consellería.