Entrevista | Concha Blanco
16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.A asociación Monte Branco está de aniversario e son moitos os amigos que quixeron estar coa xente de O Couto para desexarlles moitos anos máis. Entre eles estivo a escritora Concha Blanco, que foi unha das encargadas de descubrir a placa conmemorativa das vodas de prata. -¿Como viviu a homenaxe que lle fixeron o pasado domingo? -Foi moi bonita, pero a verdade é que a homenaxe a merecen os membros de Monte Branco porque están facendo moitísimo pola nosa cultura. -E así desde hai 25 anos. -É incrible que unha asociación así, sen medios, sega medrando tanto e facendo un labor tan altruísta. Penso que é unha entidade única en Galicia, que non hai outra que faga tanto polas letras, móvense moito e iso llo recoñecen en todas partes. -¿Que lle parece o programa cultural preparado para esta semana? -É fantástico, teñen moitas ideas buscando os distintos matices da cultura e os grupos que elixiron para a Festa das Letras son moi bos.