Cita con Billy Wilder

La Voz

CARBALLO

Viernes 01 de junio a las 22.00 en la Casa do Mar de Corme.

30 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? ciclo de cine programado pola asociación de veciños Eduardo Pondal botará a andar mañá cunha proxección coa que está garantida a diversión e o espírito crítico. Desde a entidade decidiron que esta iniciativa estea centrada durante o primeiro mes no xénero da comedia e nada mellor para ilo que recorrer a un dos mestres do humor, o cineasta Billy Wilder, e á súa Primeira plana (The front page, 1974). Jack Lemmon e Walter Mathau -que colaboraron tamén con Wilder en outros clásicos como Con saias e ao tolo ou En bandexa de prata- son os protagonistas deste remake dunha historia levada xa ao cine con éxito por Howard Hawks (Lúa Nova, 1940) e que á súa vez recuperaba outra cinta anterior de por Lewis Milestone (Unha gran reportaxe, 1931). Interpretan a un xornalista a piques de casar que ten que soportar as presións do seu xefe para que cubra a noticia dunha execución.