Aposta por facer da súa formación un elemento clave á hora dun futuro pacto de goberno
19 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Profesor en Laxe, flirteou coa política fai xa 28 anos. Estivo nalgunha lista, pero no furgón de cola. Sen embargo, José Manuel Pose Verdes (Ponteceso, 1956) acaba de dar o salto á primeira liña de combate. Faino con siglas novas, e a súa intención é converter o salón de plenos nun «lugar onde prevaleza o diálogo construtivo».
-¿Como nace a Agrupación Pondaliana Independente?
-Sempre tiven o formigo pola política, pero foron o meu fillo e o seu grupo de amigos os que me animaron.
-O seu partido é fillo do Facebook.
-Existía un grupo de persoas interesadas en que este proxecto saíra adiante e a rede social fixo o resto. Por iso quero agradecer publicamente a todos os que avalaron esta candidatura.
-API conseguiu 400 apoios en Internet, e o PP obtivo a maioría absoluta no 2007 por un cento de votos. ¿Pode ser a chave dun futuro goberno?
-Preséntome para gañar, senón non daría o paso cara diante. Pero se temos representación gustaríanos ser ese partido de pacto estable dun hipotético futuro goberno municipal.
-En Ponteceso preséntanse como novas formacións API e Terra Galega. Haberá moita loita por cada sufraxio.
-Iso é bo. Quere dicir que a xente está un pouco farta de como se están a desenvolver certos temas.
-Póñame un exemplo.
-O tema do déficit. Existe un tira e afrouxa para saber canto é o que debe este Concello. A guerra de cifras é total e a cidadanía non se fía de ninguén. Por iso, o primeiro que faría ao chegar á alcaldía é saber cal é o déficit real e logo aplicar as políticas necesarias para reducilo, sen tocar certos aspectos importantes como son os servizos públicos básicos e as infraestruturas prioritarias.
-¿Cal é a súa postura sobre o POL?
-Tanto PP, como PSOE e BNG xestionaron moi mal este asunto. Tiveron tres anos para debater con profundidade esta cuestión e esperaron ata última hora, mal e arrastro, para poñer contenciosos e facer reunións. Na miña opinión, o Plan de Ordenación do Litoral si vai afectar, e moito. A O Couto, Corme e Ponteceso tócalles de cheo, pero creo que non hai nada que facer, porque esperouse ata última hora para arranxar o problema ante a Xunta de Galicia.
A favor
En contra
A favor
A favor
A favor
A favor
A favor
En contra
A favor
Gústame de todo. Son cociñeiro
Probo de todo
Albariño
Un bo viño
O sargo
Volkswagen Passat
Por desgraza, si
Non son moi futboleiro, pero prefiro o Real Madrid
Manuel Rivas
Indignados
La torre de Suso
Picasso
Humphrey Bogart
Julia Roberts
Joan Mauel Serrat
De cantautor
Os telexornais