O programa do candidato xira en torno á construción da gardería, o centro de día e a depuradora
04 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Comercial da fábrica de forxados El Progreso, en Buño, dende hai vinte anos, e cabeza de lista do PP de Malpica, despois de ser o segundo de abordo de José Manuel Vila. Eduardo Parga Veiga (Seaia, 1966) contabiliza oito anos dedicados á vida política municipal co obxectivo de quitarlle o bastón de mando ao socialista José Ramón Varela.
-¿A sombra do finado Vila é máis prolongada do que parece?
-Vila era un animal político. Foi o meu amigo e o meu mestre e se eu son agora o candidato é porque dalgunha maneira así o quería. Por iso, é un reto moi fermoso seguir a súa senda de traballo. E con esa premisa preséntome: quero ser o continuador dunha forma de facer política na que a prioridade son os intereses dos veciños de Malpica.
-¿Como valora este mandato de Varela Rey que se está a punto de esgotar?
-O alcalde decidiu no seu momento gobernar en minoría. Puido facelo co consenso doutras formacións, pero antepuxo as cuestións persoais ás veciñais, e os resultados son que os orzamentos prorróganse ano tras ano e as grandes infraestruturas para o pobo seguen sen ver a luz.
-¿Cal é o programa do PP en caso de chegar á alcaldía?
-Xira en torno a tres proxectos: a depuradora, o centro de día e a gardería.
-Igual que o PSOE
-E o BNG, pero a realidade é que non se fixo nada nestes catro anos. Os malpicáns queren feitos, non promesas, e o PP comprométese a cumprir o que di. Eu non son de colgarme medallas que non me corresponden, eu quero solucións aos problemas. Tamén é necesario levar a cabo a ampliación e mellora da rede de saneamento nas parroquias, que é moi deficitaria e, sobre todo, levar a cabo unha xestión transparente, consensuando co resto de formacións os grandes temas de Malpica, sen excluír a ninguén.
eduardo parga veiga candidato do PP á alcaldía de Malpica
A favor, en casos extremos
En contra
A favor
A favor
Non entendo que unha rapaza de 16 anos poida abortar sen que os pais o saiban
A favor
En contra
En contra
En contra
A favor se é regularizada
A tortilla de patacas
Caracois
Albariño
Café con leite
Centolo
Bacallau
Un Citroën Xantia
Si
Os equipos de Malpica e o Real Madrid
Encántame xogar ao fútbol sala na liga de veteranos.
Mario Vargas Llosa
El sueño del celta
El zorro
Velázquez
Antonio Banderas
Julia Roberts
David Bisbal
Salsa e disco
Os informativos e as películas
Suíza. Estiven alí traballando e gustaríame ir para coñecela