10 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
A escritora ceense María Lado gañou o primeiro premio do certame de poesía María Mariño, un concurso bianual convocado pola asociación cultural Teenses pola Igualdade con motivo do Día das Letras Galegas. A entrega do galardón, dotado con 500 euros, levarase a cabo o vindeiro día 27, durante unha cea-festa literaria.