26 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
O Simposio e o Outono Pondaliano xa entraron na súa recta final, pero antes de despedirse ofrecerán dúas sesións máis. Mañá (ás 11.00 horas) a fotógrafa de La Voz Ana García inaugurará en O Couto unha exposición sobre O Roncudo e a continuación guiará, xunto á escritora María Canosa, un safari fotoliterario polo litoral cormelán. O martes (ás 11.00), será bautizado co nome de Pondal o miradoiro de aves da ensenada de Insua; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, impartirá un obradoiro de literatura (15.00) e pronunciará unha charla titulada De Pondal a Novoneyra (18.00), e haberá unha presentación dun recurso educativo, un recital poético e o acto oficial de clausura (19.45).