
A arquitecta salvadoreña Alicia Tenze ofrece a conferencia de apertura
17 jul 2013 . Actualizado a las 13:39 h.Carballo acolle por sexto ano o curso de verán da UDC Traballando en Lingua. Case medio cento de persoas participan no Fórum Carballo nunha iniciativa que nesta ocasión busca a implicación da sociedade no proceso de normalización. A arquitecta salvadoreña Alicia Tenze aborda na primeira conferencia, precisamente, como se pode conseguir esa participación a través da súa experiencia no Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente. O curso foi inaugurado ás 10.30 polo seu director, Xosé Ramón Freixeiro; o presidente da CTNL, Nel Vidal; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.