Ademais de por Fitur, a actualidade de Neria pasa pola súa situación económica. Unha situación que o seu secretario, Xan García Pouso, calificaba onte en Radio Voz Bergantiños de «mellor que noutras épocas».
-¿Cómo están as contas de Neria agora mesmo?
-A situación é mellor que noutras épocas. Débennos moitos máis cartos dos que nós temos por pagar. Son máis de 200.000 euros. O problema é que hai unha estratexia destinada a crear dudas sobre a institución.
-¿A que se debe esa estratexia?
-Houbo xente que se puxo moi nerviosa cando seis concellos decidiron ir a Fitur para representar á Costa da Morte. Indo con Turgalicia, a nosa comarca quedaría totalmente difuminada. De feito, negóusenos, e iso témolo por escrito, un espazo propio de dez metros cuadrados no estand autonómico. É falso que se diga que podiamos ir gratis con Turgalicia.
-¿Que ocorreu coa C3M e a empresa que reclama 105.000 euros pola obra?
-Esta empresa xa cobrou eses cartos. Logo paralizou as obras e pediunos máis cartos para acabar. Nos explicámoslles que tiñamos problemas de liquidez. Despois pedíronnos firmar uns pagarés para capitalizar a empresa. E despois atopámonos coa denuncia. Se non pagamos é porque non podemos, e ademais hai obra sen rematar.
-De sete millóns de orzamento a menos dun millón, de 21 empregados a un. ¿Como pretende Neria saír desta situación?
-Reducimos moito os gastos de persoal. Agora apostamos polo voluntariado. Eu mesmo levo sen cobrar de Neria dende marzo de 2012, e estou con dedicación exclusiva. Temos que poñerlle vontade e crer no proxecto da Costa da Morte. Hai moita xente á que se lle enche o peito falando de defender a Costa da Morte e logo móvese por intereses persoais. Gustaríame saber quen captou o noventa por cento das subvencións en turismo dende o ano 2003.
-Algunhas das críticas afirman que Neria era útil mentres se vivía da cultura da subvención, pero agora non.
-Se alguén leva dicindo dende hai anos que hai que acabar con esa cultura da subvención, esa é Neria. Creamos o Centro de Coñecemento da Costa da Morte para unir os proxectos creativos e innovadores que impulsen a nosa zona. Neria non pode estar pendente de subvencións, porque así non será libre. Se está pendente de que o político de turno lles poida retirar as axudas, non poderiamos defender os nosos intereses.
-¿Como están os preparativos para a feira? ¿Máis complicados pola existencia de división entre os concellos?
-Eu non vexo división. Houbo seis, aínda que Cee tamén ía vir e ao final desmarcouse, que decidiron ir, e outros optaron por non facer nada.
-¿A que cre se debe o cambio de opinión de Cee?
-Hai quen di que foi unha petición do Partido Popular. Pero eu creo que se debe á relación que os dirixentes do Concello de Cee teñen con algunha persoa con influencia neste asunto.
-¿Cómo estaría representada a Costa da Morte baixo o paraugas de Turgalicia?
-Apenas teríamos espazo prpio para os 16 concellos e só se farían un par de presentacións rápidas da zona durante toda a feira. En vista desta situación, alcaldes de diferentes cores políticos decidiron dar o paso e seguir defendendo a marca da Costa da Morte. Porque non só van o promocionar os seus municipios, senón que tamén estarán representados os dez concellos que non van.
-¿Cantas visitas se esperan recibir no estand da comarca?
-Todo son previsións respecto a outros anos, cando pasaban por alí máis de 50.000 persoas.