Hai uns seis anos creouse un movemento de 8 asociacións empresariais da zona, debido a inquedanza de inseguridade xurídica na que se atopaban as naves industriais fóra de ordenación. Por esas datas aínda non había na Costa da Morte un só metro cadrado dispoñible de solo industrial (agora sobra). Argumentábamos que grazas o atrevemento deses emprendedores, creáronse postos de traballo, calculábamos sobre 120 naves que empregaban a máis de mil persoas. Moitas xuntanzas, instancias, entrevistas... remitíronse mocións a máis de 30 concellos para que se instara a Xunta a modificar a Lei do Solo .
A raíz dese movemento, en marzo do 2010, por fin a Xunta contempla unha disposición que permite a legalidade, da que se beneficia toda Galicia, grazas a iniciativa dos colectivos empresariais da Costa da Morte.
Grazas a todo ese zafarrancho, constitúese a Plataforma para o Desenvolvemento da Costa da Morte, integrada por Neria-Fecom, ofrecendo os seus servizos a todos os socios para asesoralos nos trámites para a legalización. A plataforma tivo un protagonismo importante na ITV, que rematou cunha gran manifestación en Baio. Pero, dende esa, pouco máis, algún que outro ramalazo deslavazado polo da autovía. Hai pouco vin na prensa a xuntanza de asociacións para propoñer ideas para a loita contra a crise: moi significativas as ausencias de Neria-Fecom. Bótase en falta o dinamismo, o entusiasmos e as ganas de cando a crise empezaba ensinar os dentes.