Moito máis que unha comida

La Voz

CARBALLO

30 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A comida coa que as mulleres vían recompensado o seu traballo invernal fiando o liño é a orixe desta celebración e por iso o menú segue sendo o tradicional (migas de pan con chícharos, patacas con bacallao e papas de arroz), pero non é o único ingrediente. Tamén haberá unha demostración de fíado, un desfile con moitas caras coñecidas da zona (Jorge Mira, a ex miss Costa da Morte Tania Carreira e o xornalista David Espiño, que presentará o acto).