Xabier Díaz puxo a música cos seus obradoiros de berce

La Voz

CARBALLO

12 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O músico Xabier Díaz -ex integrante de Berrogüetto- regresou onte a Carballo cos seus obradoiros de berce, unha iniciativa que xa puideron gozar as familias da localidade en varias ocasións. Esta vez non había nenos entre o público, pero si profesionais que coñeceron así as posibilidades da música para actuar no eido do idioma desde os primeiros momentos da vida do neno.