![](https://img.lavdg.com/sc/BA5lYkNrXaCHQOgjNVD3CIyUsoA=/480x/2014/11/20/00121416487862132651483/Foto/.jpg)
A mostra «Nimbos de luz», dedicada ao poeta lucense, foi inaugurada este mediodía de xeito oficial
20 nov 2014 . Actualizado a las 14:53 h.O edificio de servizos múltiples da Laracha será unha das últimas paradas da exposición preparada para conmemorar a concesión a Xosé María Díaz Castro do Día das Letras Galegas deste ano. A mostra, composta por unha serie de paneles explicativos da vida e a obra do poeta e tradutor e complementada cun documental, foi inaugurada de xeito oficial este mediodía cun acto no que participaron numerosas autoridades.
No edificio larachés déronse cita os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García; o xefe territorial de Educación e Cultura, Indalecio Cabana; o coordinador provincial de Cultura, Manuel Varela; o alcalde, José Manuel López Varela, boa parte da corporación municipal e os tres comisarios da mostra, Luís G. Tosar, Armando Requeixo e Alfonso Blanco, que reivindicaron os valores humáns e literarios de Díaz Castro e a vixencia da súa obra e do seu pensamento de amor á terra e á lingua galegas. Todos eles coincidiron en afirmar que con estos actos a súa figura logrou unha ampla proxección e en reclamar que a recuperación de Díaz Castro prosiga máis alá deste ano.
A mostra poderase ver na Laracha ata o día 30 deste mes: os martes, de 15.30 a 20 horas, e de mércores a domingo, nese mesmo horario e ademais entre as 11 e as 13 horas.