«Quero pechar este mandato solucionando o tema da residencia»

Ana Lorenzo Fernández
Ana Lorenzo A CORUÑA/ LA VOZ

CARBALLO

Armesto confía en asinar o convenio da docencia de Medicina.
Armesto confía en asinar o convenio da docencia de Medicina. quian< / span>

18 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de media vida ocupando cargos destacados na Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luís Armesto (A Coruña, 1948) confesa que foi un pouco duro asumir as rendas do Reitorado. «É certo que o cambio de vicerreitor a reitor é diferente, e custoume uns meses adaptarme. Pero, despois destes tres anos, estou en boa velocidade de cruceiro e razoablemente ben», afirma.

-Esta semana se cumpriron tres anos do seu nomeamento como reitor, ¿que balance fai?

-Pois un balance razoablemente positivo, dentro dunha situación e unha conxuntura moi adversa. Puxemos sempre por diante ás persoas e ó servizo público de ensino superior; e sobre todo, dentro das persoas, aos estudantes que son o máis importantes. Desde o primeiro momento pelexamos porque non houbese subida de taxas, e a día de hoxe, somos a comunidade autónoma coas taxas máis baixas. É una cousa positiva, tamén é verdade que é competencia da Xunta, pero fíxose co acordo das tres universidades. O valor máis importante que hai hoxe en día é a formación, e todo o que se invista en formación é unha gran inversión. Ademais, todo o que podamos facer para que se poida acceder en igualdade de oportunidades é o mellor servizo que lle podemos ofrecer á sociedade.

-¿Que queda por facer?

-Sempre quedan moitas cousas por facer. Hai un par de temas que quixera pechar: que é o tema de residencia e o de Medicina.

-¿Como van os trámites para ter una residencia na cidade?

-Van máis lentos do que eu quixera, pero van. A ver si concretamos nun convenio coa Deputación e co Concello a única opción que estamos valorando -o colexio Calvo Sotelo-. Agora a Deputación está facendo un anteproxecto para saber como sería esa adaptación, o custe que tería e como imos avanzar.

-E, ¿hai avances no tema da docencia de Medicina?

-Estanse dando pequenos pasos, e agora a ver se concretamos o convenio de colaboración entre as universidades de Vigo e Santiago para a docencia do grado de Medicina con profesionais da propia Universidade da Coruña. Temos borradores na mesa, estamos traballando, e a ver se en poucos meses podemos facelo público e que sexa unha realidade.

XOsé Luis Armesto barbeito reitor da universidade de A Coruña