Unha app para dispositivos móbiles como complemento

La Voz

CARBALLO

José Manuel Casal

Hai visitas guiadas no dolmen de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30

08 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O dolmen de Dombate merece sempre unha ollada e máis aínda cando hai tantas actividades complementarias. Estes días está habendo visitas guiadas entre as 10.30 e as 14.00, e entre as 16.00 e as 18.30. A maiores, existe a posibilidade de percorrer o castro de Borneiro da man dunha aplicación para dispositivos móbiles recén estreada. Foi dotada de contidos pola arqueóloga Yolanda Seoane, da empresa Tictura.