Guadi Galego, sobre a reciclaxe: «Póñome un sete de nota, custa moito cambiar os hábitos»

La Voz

CARBALLO

CESAR QUIAN

Ecovoz | Guadi Galego, cantante, considera que a conciencia medioambiental é unha das grandes materias pendentes na sociedade

24 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A conciencia medioambiental é unha das grandes materias pendentes da nosa sociedade. Así o considera a cantante Guadi Galego.

-Tamén no seu sector?

-Debería ser a primeira premisa para todo o mundo. Se cadra estivemos tan preocupados polo social e polo primario que esquecemos que se non coidamos esa parte imos morrer. A realidade é que hai poucos proxectos nos que se toca isto. Quizás máis en divulgación e teatro, no musical pouco hai. Eu coñezo un proxecto, A comuna do Barruzo, no que está Ugía Pedreira. É marabilloso e fala de todo isto.

-No seu caso, que nota se poñería?

-Creo que máis ou menos, un sete. Preferiría ter un nove, pero de momento estou aí. Custa moita cambiar os hábitos. No papel é moi doado, pero na práctica é complexo.

-Que está facendo?

-Agora empecei a facer os iogures na casa para non consumir tanto plástico. O seguinte será ir a comprar en fiambreiras para que non emplastiquen todo. Estou niso. Intentando mellorar no tema da reciclaxe, pero quedan moitas cousas.

-No plano artístico, como lle vai co seu último disco, Inmersión?

-Está funcionando moi ben. Estou moi sorprendida coa acollida deste disco. A xente é moi aberta e interiorizou moi ben os temas.