Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, pon banda sonora aos dezaseis cuartos do Bela Fisterra
CARBALLO
Fixo unha selección de traballos discográficos que vinculou a cada unha das habitacións, nomeadas a partir de pezas literarias de temática mariña
30 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.«A música vaille dar aínda máis encanto a este lugar», dicía onte o músico e líder de Luar na Lubre, Bieito Romero, ao explicar o novo proxecto no que estivo traballando recentemente para o hotel Bela Fisterra.
Romero encargouse de seleccionar para cada unha das dezaseis habitacións do complexo, unha banda sonora que os clientes poderán escoitar non só durante a súa estancia, senón tamén unha vez retornen ás súas casas. Se xa os cuartos deste hotel teñen un encanto especial, ao estar ligados a grandes pezas da literatura mariña, agora sumarán tamén outro atractivo.
Fernando Fraga, pola Odisea; Óscar Ibáñez, para o submarino Nautilus ideado por Julio Verne; María do Ceo, para Os Lusíadas; Kepa Junkera, para Os viaxes de Gulliver; Amancio Prada, para Robinson Crusoe... E así ata dezaseis grandes artistas entre os que tamén figura Luar na Lubre a través do seu último traballo, Vieiros e Vieiras.
Romero loou a iniciativa e agradeceu que se preste máis atención á música neste tipo de espazos hoteleiros, que adoitan presentar melodías moi «impersoais».