Programa do mes de agosto

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

01 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

hoxe

Obradoiros de Prehistoria. Galipat volve a Dombate con dúas sesións, unha sobre a cerámica (11.00) e outras sobre as gravuras da Fornella (12.30). Será no exterior do dolmen, con aforo limitado a 10 participantes. Non é precisa inscrición.

Teatralización con Os Quinquilláns. Como eran os tempos nos que se ergueu o dolmen? Ás 18.00 e 19.30. Entrada gratuíta ata completar aforo. Sen inscrición.

mañá

Obradoiros de Prehistoria. Dúas sesións, unha sobre as pinturas de Dombate e outra sobre as ondas sonoras: 11.00 e 12.30, respectivamente. Sen necesaria inscrición previa.

Mediodía musical con Pakolas. Ritmos roqueiros no piñeiral, ás 12.00 horas. Espectáculo para público familiar baseado no libro «Ramona Órbita, a dona do tempo». Gratuíto, sen inscrición.

Venres, 7 de agosto

Noite de música. Concerto de acordeón con Fernando Fraga. Ciclo «Música na catedral». Dous pases, ás 22.00 e 23.00 horas, para facilitar asistencia. É necesaria inscrición previa.

Sábado, 8 de agosto

Obradoiros de Prehistoria. 11.00 e 12.30.

Visitas teatralizadas con Os Quinquilláns. 18.00 e 19.30.

Visita nocturna ao dolmen. Necesaria inscrición previa, con aforo limitado. Ás 23.00 horas. Penúltima oportunidade de agosto.

domingo, 9 de agosto

Arqueociclismo. Paseo en bicicleta para todos os públicos con saída ás 11.00 do aparcadoiro de Dombate. Periplo polo chan de Borneiro, por asfalto e pista forestal. Necesaria inscrición previa.

mércores 12, xoves 13 e venres 14

Noites de estrelas. Unha das actividades máis exitosas de cada verán. Este ano non será un día, senón tres. Visionado de chuvia de estrelas, co físico baiés Jorge Mira. Necesaria inscrición.

sábado, 15 de agosto

Obradoiros de Prehistoria. 11.00 e 12.30.

Visitas teatralizadas con Os Quinquilláns. 18.00 e 19.00.

domingo, 16 de agosto

Mediodía musical, con Irma Macías e Xaquín Rama. Voz e guitarra únicas. Irma integra Luar na Lubre. Aforo limitado. Ás 12.00.

Obradoiros de Prehistoria. 11.00 e 12.30.

venres, 21 de agosto

Visita nocturna ao dolmen. Necesaria inscrición previa. Ás 23.00 horas. Aforo limitado.

sábado, 22 de agosto

Obradoiros de Prehistoria. Dúas sesións, ás 11.00 e 12.30.

Visitas teatralizadas con Os Quinquilláns. Ás 18.00 e 19.00 h.

domingo, 23 de agosto

Arqueociclismo. Paseo polo chan de Borneiro. Saída ás 11.00.

venres, 28 de agosto

Noite de música. Dous pases, ás 22.00 e 23.00, a cargo do dúo Caamaño & Ameixeiras. Inscrición previa. Músicas do mundo.

sábado, 29 de agosto

Obradoiros de Prehistoria. Dúas sesións, ás 11.00 e 12.30.

Visitas teatralizadas con Os Quinquilláns. 18.00 e 19.30 horas.

domingo, 30 de agosto

Mediodía musical, con Os Farrapos. Música da terra. Ás 12.00.

Obradoiros de Prehistoria. Dúas sesións, ás 11.00 e 12.30.