
O cómico coruñés explica as súas prácticas medioambientais
01 mar 2021 . Actualizado a las 00:13 h.nesde finais do pasado mes de xaneiro, o coruñés David Perdomo acompaña a Dani Rovira no programa La noche D en La 1 de TVE. Un proxecto no que, destaca o humorista, «podo traballar co que é un dos meus mellores amigos. Pero independentemente diso é un gusto estar acompañado dos grandes profesionais cos que coincido como Antonio Resines ou Pepe Viyuela. Así que é algo así como unha cousa soñada», sinala.
-E a nivel persoal?
-Estou con moita calma. O ano pasado ensinounos a todos moito, así que o levo con cautela. Estou desfrutando o momento e intentando facer patria por aí fóra, que falta fai.
-Os que saen na tele son exemplo de moitas cousas. Nisto do coidado do medio ambiente, como se comporta?
-Eu se me tivera que poñer nota aprobaría polos pelos. Pero no día a día si fago algunhas cousas como non coller bolsas de plástico para meter a froita no supermercado, levar unha de tela, etc. E procuro mercar a auga xa en botella de cristal para reciclar e para evitar o uso do plástico.
-Recicla?
-Teño que recoñecer que na casa non separo o orgánico, aínda que é algo básico, pero paso pouco tempo nela e, ao non consumir moito procesado, acabo separando menos.