QR

Santiago Garrido Rial
Santi Garrido PICO DE MEDA

CARBALLO

11 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Vivimos rodeados de códigos QR. Xa viñan de antes, pero a pandemia e os novos tempos derivados dela acelerounos. Son xa imprescindibles para amosar nos certificados de vacinación (comer, viaxar, entrar en determinados lugares..), e tamén os vemos en case todos os restaurantes para descargar a carta, os menús.

Na Costa da Morte, estes códigos (rápida resposta, traducido do inglés a quick response que é o que significan) chegaron hai xa doce anos. Igual antes, pero no 2010 empezaron a estar moi presentes nas actividades e publicacións que facía Neria. Esta entidade, tan criticada por moitos que co tempo rectificaron e fóronse achegando a ela (os que temos idade tamén temos memoria), adiantouse ao seu tempo. Si, visto así foi un erro. De súpeto aquelas guías que sacaban de todos os museos que xestionaban (Torres, Batáns, Seno...) e de todo canto había que ver na Costa da Morte, dende rutas a praias ou guías gastronómicas, tiñan o seu correspondente código para poder velas no móbil. Lembro que nunha presentación en Fitur, sería polo 2011, un técnico do daquela Ministerio de Industria quedara moi sorprendido de que se apostara tanto por esa tecnoloxía, aínda descoñecida e moi pouco usada porque os móbiles non eran os de agora. Nin a cobertura, nin a capacidade, nin os usos. Gran idea, mal momento. Tamén se vían nas portas de algúns elementos patrimoniais, con proxectos de empresas que os levaban nun soporte con moi boa intención a lugares nos que acababan vítima do esquecemento, abandono ou una patada dun vándalo. Exemplos hai.

E mira ti, tanto tempo despois, aquelas cousas tan raras xa son parte do día a día.