As persoas interesadas en presentar propostas teñen ata o vindeiro 1 de maio para facelo
04 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A editorial Medulia vén de convocar a quinta edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal, co dobre afán de estimular a creatividade literaria e de honrar a figura do autor do Himno. Poden concorrer todos os autores que así o desexen, sempre que non foran xa premiados noutras edicións, e farano con textos orixinais e inéditos, en galego e de temática libre. Os traballos han de presentarse de xeito anónimo, con título, lema ou pseudónimo na primeira páxina, facendo constar os datos persoais nun sobre. Sempre antes do 1 de maio, as obras remitiranse por correo a Medulia Editorial. Diploma, pergameo e unha obra única e orixinal dun artista galega, cuxa reprodución será a capa do volume galardoado, sustentarán o premio, que inclúe a edición da obra gañadora. O fallo do xurado coñecerase o 17 de maio, Letras Galegas.