O proxecto «Aldeias-vilas literarias» luso-galaicas colle pulo

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Fundacións Pondal, Curros Enríquez e Rosalía de Castro queren pasar dos propósitos á practica. Un encontro en Celanova será parte da intensa recta final deste mes de marzo para a entidade pontecesá

24 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ten a Fundación Pondal, con sede no Couto, Ponteceso, un fin de mes intenso. Mañá será un día importante, polo que pode deparar para o futuro. Na sede da Fundación Curros Enríquez, en Celanova, está previsto un encontro para tratar de darlle pulo ao proxecto cultural «Aldeias-Vilas literarias» luso-galaicas. Logo de anos de conversas informais, Fundación Rosalía de Castro, Fundación Eduardo Pondal e Fundación Cursos Enríquez propuxéronse rematar «coa fase de propósitos» e mergullarse pola vía práctica na colaboración directa entre as casas-museo galegas e as do norte de Portugal, secundando unha tradicional relación que xa mantiñan escritores dun lado e outro da raia. Tratarán de deseñar unha rede con estratexias conxuntas, paquetes turísticos literarios e posibles candidaturas a liñas de axuda europeas. Pola parte galega están convocadas tamén as fundacións Uxío Novoneyra e Vicente Risco. Pola banda portuguesa, Espazo Torga, Castelo Branco, asociación Turismo Sustentável, Levi Leónido e Casa de José Regio.

O resto de propostas para estas xornadas

Jaime Morett chegou onte a Ponteceso coa súa cociña mexicana. Para mañá está previsto o inicio do curso de monitorado de tempo libre, As paisaxes pondalianas, co patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio. Rocío Celeste Sánchez impartirá dende o luns obradoiros de nutrición. E, por se fose pouco, unha representación da fundación Pondal participa estes días no congreso de Mocidade que acolle A Coruña.