Beiras e as entrañas dun animal político

M. López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana García

O histórico dirixente nacionalista participou nun coloquio no espazo Espiral Maior Foro de Carballo

20 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor, convidou este martes ao histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras ao seu espazo Espiral Maior Foro, en Carballo. A idea era «celebrar ao Beiras escritor», repasar «o conxunto da súa obra», pero a política nunca abandona ao político e finalmente a charla cos presentes discorreu por ese camiño.

Lembrou Beiras aquela primeira conferencia que deu sobre Alfredo Brañas en Carballo, unha localidade na que fixo «moi bos amigos», segundo dixo. Tras repasar a súa traxectoria académica e os seus anos en Francia, fixo un relato de como comezou a súa implicación na vida política e nas organizacións de esquerdas. Tampouco desaproveitou a ocasión para analizar o panorama político e social actual: «A xente segue estando viva, por abaixo, pero precisa un catalizador, algo que a articule», comentou aos presentes.

Membros do público compartiron anécdotas e afondaron, con máis preguntas, na etapa máis activa do período político de Beiras, que mesmo se animou a explicar como xurdiu a xa emblemática escena do zapato.