![](https://img.lavdg.com/sc/nzdc54uuupzJ9TiwkL-2VktRFTg=/480x/2023/05/17/00121684345742385729924/Foto/CY18C2F1_1.jpg)
O Couto avanza parte da programación musical do festival, que se celebrará nos primeiros días de setembro
18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Logo de nomear unha nova remesa de Bos e Xenerosos, a Fundación Eduardo Pondal fixo un dos anuncios máis agardados para aqueles que cada ano sucumben aos encantos do Couto: o primeiro avance da que será a cuadraxésimo primeira edición das Festiletras. Celebrarase, como xa é costume dende a crise sanitaria do covid, nos primeiros días de setembro, e haberá toda clase de actividades que complementarán a un xa de por si interesante cartel musical. Momboi, Catuxa Salom, Faíscas da Pontraga, Os Viqueiras, Lucía Aldao, Familia Caamagno, Moura, Eskorzo e Lamatumba son os primeiros nomes confirmados pola organización do festival, aos que se suma o de Fetén Fetén, que estará acompañado da recoñecida cantante albacetense Rozalén, autora de temas como La puerta violeta ou Girasoles.