A Xunta apoia unha nova edición das Aldeas Singulares da Fundación Pondal

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

X. A.

Este ano versará sobre Espazos Literarios, que inclúen fundacións galegas e lusas

11 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O novo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, acudiu onte ao seu primeiro acto como presidente da Fundación Eduardo Pondal. E fíxoo nun encontro co director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jocobo Rey, quen sinalou que a Consellería de Política Social e Xuventude colaborará un ano máis no encontro Aldeas Singulares, que este ano alcanza a oitava edición. Esta iniciativa, que ten por obxecto poñer en valor accións en pequenos núcleos de poboación, corre a cargo da Fundación Eduardo Pondal, cuxo xerente, José María Varela, tamén estivo presente na reunión, así como o secretario da Fundación Curros Enríquez de Celanova, Antonio Piñeiro Feijoo, un dos promotores do proxecto Espazos Literarios.

O foro Aldeas Singulares está previsto para o 2 de setembro, no marco do Festiletras. Este ano, a inclusión da proposta Espazos Literarios ten por obxecto a participación de varias fundacións, Rosalía, Curros, Pondal e Novoneyra, así como outras do norte de Portugal, con fin de levar a cabo iniciativas de desenvolvemento de actividades de dinamización nas respectivas localidades. Incluiríanse tamén propostas de rutas turísticas. Para preparar estes encontros xa houbo unha primeira reunión en Celanova, onde estiveron representantes das mesmas entidades.