Lumes

santipazos
santipazos O ABELLÓN

CARBALLO

Luis Rubiales, en una imagen del mundial de Catar
Luis Rubiales, en una imagen del mundial de Catar KIM HONG-JI | REUTERS

25 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

madriña Carmen, a do Mesón do Vento, que viu como miña nai me paría dende un burato na madeira do sobrado da casa, acompañada por meu irmán maior e tamén padriño, é unha muller forte e agarimosa que ten como graza divina o don de apagar o lume e amortecer esas brasas que permanecen no corpo humano despois de queimarse. Un poder que, teño que recoñecer, eu non entendo moi ben. O que si sei é que a xente que confía nela, estímana e admiran acude dende moitos lugares de Galicia para que llas quite de dentro, sen cobrar nada por esa paz que lles regala. Chea de bondade apaga con amor os lumes interiores, mentres polo mundo adiante préndense acotío lumaradas incomprensibles. Recordemos Ucrania, Tenerife ou Hawái. Escenarios de desastre e destrución. Se non fora polo intenso cariño que lle teño, nada aconsellable para escribir con obxectividade, e de darme permiso, algún día podería publicar a súa biografía. A ver se co tempo...

Mais o lume, conceptualmente, non é só esa lumarada que identificamos co inferno. Hai outros que abrasan e queiman por dentro sen que o corazón milagreiro da madriña poida curalos. Lumes que precisan de pedagoxía, educación e de leis xustas. Dous exemplos: que unha deportista campioa do mundo de fútbol teña que soportar un bico na boca do xefe da Federación como dereito de pernada, ou que Amaral teña que amosar os peitos nus para reivindicar que as mulleres teñen dereitos, queima. Son actitudes que se aceptan como excentricidades sen importancia. Din que nas festas todos cometemos excesos! Para escusarnos todos somos o bispo da nosa propia Igrexa. Esquecemos que existen liñas que nunca se deben cruzar. Penso que non é difícil de entender. Ou si?

Non acaba de refrescar...