O Manuela Rial Mouzo caeu eliminado fronte ao CEIP A Ponte e non poderá revalidar a vitoria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

,

ECOVOZ | Participou cun equipo de sexto de primaria formado por Antía Vilela Fernández (portavoz), as irmás Alexia e Aroa Conde Cambeiro, e Pablo Mosteirín Osa, con Rubén García Risco como suplente

15 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O CPR Manuela Rial Mouzo, de Cee, non poderá repetir a vitoria do ano pasado no Ecopreguntoiro de Ecovoz. O colexio ceense, que tamén gañou nas edicións do 2017 e 2019, caeu eliminado nun igualado enfrontamento ante o CEIP A Ponte, de Ourense, que foi o triunfador en 2021.

Do Manuela Rial Mouzo participou un equipo de sexto de primaria formado por Antía Vilela Fernández (portavoz), as irmás Alexia e Aroa Conde Cambeiro, e Pablo Mosteirín Osa, con Rubén García Risco como suplente. O Coordinador foi José María Canosa Andrade. Os alumnos e alumnas da escola de Cee só erraron nunha pregunta sobre o patrimonio natural, pero ao ser máis lentos que os de A Ponte na fase de «pregunta rápida» acabaron caendo por 7-5.

Así, os ourensáns clasifícanse para as semifinais, nas que se enfrontarán ao vencedor do duelo que se emitirá o vindeiro venres en Radio Voz, a partir das 17.00 horas.