«O Vákner», un libro que recrea ducias de maneiras de ver un suceso de 1493

m. r. suárez, F. RODRÍGUEZ CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

XOAN A. SOLER

O director do xornal, Xosé Luís Vilela, é o autor do prólogo da publicación

14 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá será unha realidade. O libro O Vákner. Relatos de misterio no Camiño Fisterra-Muxía sae á luz. A publicación recolle 36 creacións distinguidas no certame literario Territorio Vákner, acompañadas por ilustracións de Pinto & Chinto, así como de Mon Outeda; o máis misterioso e orixinal da figura que envolve á ruta xacobea ao seu paso polos concellos dende Santiago á Costa da Morte ou viceversa.

Entre os autores das obras, figuran moitos deles vinculados á comarca e con obra xa publicada como Juan Féliz Neira Pérez, Ainhoa Conde Castro, Natalia Lema Otero, Carmen Toba Trillo ou Ana Isabel Rodríguez. Con prólogo do director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela, poderá adquirirse este domingo xunto co xornal nas edicións de Carballo, Santiago e Barbanza.

Ademais, unha nova edición do certame de relatos Territorio Vákner está en marcha, tanto para escolares de primaria e secundaria como para maiores de 16 anos. O 15 de outubro é a data límite para participar.

«O lector fará unha imaxe distinta do Vákner»

f. r./ m. r.

moza vimiancesa Natalia Lema foi a gañadora do primeiro certame para adultos. Onte falou en Voces de Bergantiños sobre o concurso e o libro que mañá sae con La Voz.

—Que lle parece esta publicación?

—Un orgullo que vexa a luz. É verdadeiramente un libro para reivindicar a figura do Vákner en terras de Dumbría e en todos os municipios polos que pasa o Camiño.

—Nel, hai moito talento.

—Efectivamente. Esa sinerxía entre voces consolidadas e emerxentes é marabillosa. E tamén as idades: dende adolescentes ata adultos. Conxúgase unha literatura totalmente diferente nun único certame dividido en dous.

—Vostede, na súa obra gañadora, referiuse ao Vákner como muller.

—Si. Non sabemos exactamente que foi o que viu o bispo Mártiros, pero penso que o experimental e bonito deste certame é que todos imaxinamos un Vákner totalmente diferente, de modo que o lector fará unha imaxe distinta del ou dela. Vai ser interesante descubrir ese terror e misterio.