Cen anos de Caneliñas, algo de Nadal e tempo laboral: citas na Costa da Morte
CARBALLO
Axenda diaria | Así vén este xoves 14 de novembro, con citas destacadas en Cee, Carballo ou Fisterra e Dumbría
14 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Xoves 14 de novembro e varias citas a ter en conta para esta xornada na Costa da Morte, ademais das inauguracións dos murais da iniciativa provincial Arte no Camiño, en Fisterra e Dumbría (ver aquí):
Centenario de Caneliñas • Cen anos da posta en marcha das instalacións baleeiras de Caneliñas (Cee) son os que se cumpren hoxe. Dende o Concello xa se teñen impulsado varias iniciativas conmemorativas, que continúan este xoves: ás 10.00, descuberta dunha placa xustamente en Caneliñas; ás 11.30, na Casa da Cultura, apertura da exposición Retrospectiva de Caneliñas. 100 anos de pesca baleeira, comisariada por Álex Aguilar e Asunción Borrel; e ás 12.30, inauguración do mural dedicado ás baleas, obra de Diego As, tendo como colofón final un recital poético a cargo de alumnado e o poeta Modesto Fraga.
Charla con Axober • Ás 20.00, no Fórum, conferencia sobre a xestión do tempo no traballo, a cargo de Renata González, project manager en Inizio Engage. Para empresarios, profesionais e calquera interesado. Promove Axober, co apoio de CCA, Polígono de Bértoa, Concello e Deputación.
Presentación literaria • Ás 20.00 horas, en Espiral Maior Foro (rúa do Sol, 34), da man de Xosé Ramón Branco Buxán, doutor en Filosofía, enxeñeiro da EITA e especialista en Mediación Intercultural (UDC). Dará a coñecer a súa obra Nadal e consumismo: lucrativas realidades sociais baseadas en invencións. Acompañarán ao autor o escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto e o escritor e director de Espiral Maior Foro, Miguen Anxo Fernán Vello. Haberá tempo de coloquio.