A produción audiovisual, lanzada este xoves, convida a a baixar as pantallas e erguer a cabeza
21 nov 2024 . Actualizado a las 18:39 h.Hai cousa de horas que foi lanzado, mais o último vídeo de Gadis, continuación da súa popular serie Vivamos como galegos! xa circula polas redes nun exercicio de orgullo compartido. Fachenda que comparten dende Caión ou Fisterra, na Costa da Morte, pois as dúas localidades teñen moito peso nesta última produción da cadea de supermercados, unha peza na que se convida a baixar as pantallas, erguer a cabeza e, como non, vivir como galegos, «nunha terra libre de algoritmo». Poden no vídeo os espectadores acompañar a aventura de Cebolo e Cebolón, para concluír que non hai nada como Galicia.
A praza Eduardo Vila Fano, o porto e o mirador sobre el, rúas interiores da vila, terrazas, o bar Praza, unha vivenda de inmellorables vistas... Todas estas localizacións caionesas teñen espazo no filme, ao igual que o faro Fisterra, o Semáforo e os seus identitarios solpores. Galicia, tan rica que ata ten «ovos fritidos no mar». Se a peza comeza falando de morriña, remata cun encontro total.