Galardoaranse os cinco mellores expedientes dos cursos primeiro de FP Básica, terceiro da ESO, primeiro de bacharelato, primeiro de ciclo medio e primeiro de ciclo superior
24 ene 2025 . Actualizado a las 16:10 h.Fundación Fernando Blanco de Lema e instituto Fernando Blanco de Cee veñen de convocar unha nova edición, a 14.ª, dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao curso 2024/2025. A iniciativa vense levando a cabo dende o curso 2011/2012, co dobre obxectivo de premiar o esforzo, aplicación e resultados do alumnado, por un lado, e de recuperar unha tradición histórica, por outro. Tal e como lembra a fundación en cada convocatoria destes premios, xa no regulamento do centro de 1886 se recollía a necesidade de agasllar os mellores expedientes. Así se ten feito ata o momento con 65 alumnos.
Galardoaranse os cinco mellores expedientes dos cursos primeiro de FP Básica, terceiro da ESO, primeiro de bacharelato, primeiro de ciclo medio e primeiro de ciclo superior: cada un levará 500 euros, 280 en metálico e o resto en vales de compra para os negocios colaboradores. Os estudantes que opten ao premio deberán ter todo aprobado en xuño, e unha nota media mínima de 8,5.