Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Universidade Sénior da UDC volve á Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Clausura da edición do 2024 da Universidade Sénior
Clausura da edición do 2024 da Universidade Sénior ANA GARCIA

Entre febreiro e marzo deste ano, o centro sociocultural de Baio acollerá unha nova edición desta proposta

24 ene 2025 . Actualizado a las 16:08 h.

Entre febreiro e marzo deste ano, o centro sociocultural de Baio acollerá unha nova edición da Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña. Será a sétima edición neste emprazamento —a de Carballo é máis recente—, de novo co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do GDR Costa da Morte e do Concello de Zas.

Os interesados teñen aberto o prazo de inscrición dende onte mesmo, ata o 5 de febreiro, podendo facelo en liña a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos Concellos participantes na iniciativa. Segundo o dado a coñecer, serán tres módulos con sesións teóricas e prácticas, impartidas en dous días á semana, de 17.00 a 19.00, por profesorado da Universidade da Coruña. As temáticas: Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencias da Terra e Tecnoloxía e Ciencias da Vida e da Saúde. Clausurarase o programa formativo cunha xornada de visitas académicas e culturais á Coruña, cos diplomas previstos para entregar o 19 de marzo.

A Universidade Sénior chegou a Baio no pasado 2018.